Hoxe presentamos ante os medios de comunicación, unha Proposición de Lei que reclama a transferencia á Xunta dos servizos meteorolóxicos radicados en Galiza.

Consideramos dende o BNG que existen razóns fundamentadas para reclamar esta transferencia porque todo o que ten que ver coa meteoroloxía e as previsións teñen unha enorme relevancia para a sociedade en xeral e de maneira crucial para os sectores agrario, pesqueiro e turístico.

Galiza ten dereito a asumir a competencia nesta materia

No ámbito galego existe dende hai máis dunha década un organismo, Meteogalicia, encargado de realizar estudos meteorolóxicos que a pesar da escaseza de recursos, ten acreditada a súa profesionalidade, precisión e fiabilidade de maneira superior “aos dos organismos estatais”. O clima galego rexistra particularidades e especificidades que de contar cun organismos propio redundaría de maneira positiva para avanzar na evolución dos fenómenos meteorolóxicos específicos de Galiza.

meteo

A prestación do servizo meteorolóxico, “é máis eficaz con medios propios”, de aí que o BNG impulse esta iniciativa tendo ademais en conta os nulos resultados dos acordos parlamentarios nesta materia.

 Se queres ver o texto completo da iniciativa pincha aquí.