Ao longo do último mes, a Xunta ven publicitando un suposto Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico 2015-2020. A pesar de telo procurado, resultaba todo un misterio que tan “relevante” documento fora inaccesíbel. De feito, este “documento” foi a un Consello da xunta e motivou unha comparecencia do Secretario Xeral de Política Lingüística. Iso si, sen que nengunha deputada ou deputada da oposición coñeceramos o seu contido. Era evidente que o malchado “plan” debía ser moi malo para ter que ocultalo. E finamente as nosas sospeitas fixéronse realidade. O documento non é plan, nin é nada. Máis propaganda para intentar enganar a galegos e galegas. Mentres a nosa milenaria lingua esmorece aos poucos. Quen sabe, pode que tamén un pouco abafada de tanta mentira!

Para que vexades o que digo, aquí podesdes descargar o documento que nos deixaron (despois de comparecer o Secretario Xeral de Política Lingüística) e que ten o rimbombante nome de Documento estrutural básico do Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico 2015- 2020.