A transparencia vai camiño de converterse nunha palabra sen significado. Fixádevos nas veces que se nomea como sinal de gobernos que non teñen nada que ocultar. É sen dúbida a palabra de moda na boca de moitos gobernantes que despois, fan xusto o contrario. Fixádevos senón no famoso contrato con Enrique Iglesias.

Despois de seis meses reclamando que se fixera público conseguimos que este se publique. Iso si, tivemos que defender unha iniciativa no Parlamento – que se aprobou e se incumpriu) e facerlle unha pregunta ao Goberno para que este se publicara de xeito clandestino na plataforma de contratos da Xunta de Galiza. Publicase despois de que se inclúa unha pregunta nun pleno e dous días antes de que Rueda teña que explicar o inexplicábel. Un longo periplo e esforzo que demostra que a transparencia que se predica, non se practica.

 

Por e vos interesa aquí tedes o contrato.