O BNG defendeu no Parlamento de Galiza unha iniciativa para denunciar a contaminación xerada por residuos perigosos que se amorean en Cabanas, Ferrol e Narón; e reclamar a retirada dos mesmos. Desde 2009 hai un estudo da universidade que detecte a súa perigosidade, mais as administracións que xestiona o PP miran para outro lado. Tan só temos constancia dunha multa de 900 euros e un proceso xudicial de resolución incerta. Entidas sociais e asociacións ecoloxistas están levando adiante unha denuncia imprescindíbel e fundamental se queremos unha solución en breve. O PP, demostrou que está en contra de cumprir a lei e que dicta resolucións para que logo non se cumpran. Se queres ver o debate tes os videos a continuación.