No CEIP de Vite saltaron as alarmas no inicio de curso ao coñecerse os recortes do ensino público. Este centro, referencial na comarca para nenas e nenos con diversidade funcional, non ten os medios e recursos necesarios para unha educación de calidade e inclusiva. Precisan máis coidadores, PT e AL. é dicir, Atención á diversidade, para unha educación igualitaria.

A ANPA, protagoniza desde o inicio de curso unha loita porque a legalidade se cumpra, porque a educación trate a todo o mundo con igual e sobre todo, porque os nenos e nenas merecen ser atendidos conforme as súas necesidades. A Xunta, confunde as nosas crianzas con números e aplica unha política fría e equivocada.
vite2

 

O 8 de outubro de 2015 o director xeral de Centros e Recursos Humanos, José Manuel Pinal, deixou claro que a Xunta non está por unha educación inclusiva e mesmo, negou a demanda que tódos os días nais e pais lle lembran concentrándose as portas do seu centro.

vite3

Nos videos o debate completo.