Villar Mir é un vello coñecido na Galiza. Este empresario madrileño atopou en Manuel Fraga un aliado para practicar a rancia política colonial e expolio dos recursos naturais. Unha política que o BNG denunciou ao longo de décadas e que levan a que na actualidade está sendo xulgado por delito ecolóxico. Un xuízo que tamén ten vertentes políticas ao estar imputado Pan-Montojo, ex-Director Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental no goberno Fraga -e que en 2001 permitiu que a empresa desecara a desembocadura do Xallas- e o establecemento dunha fianza á empresa de 8,5 millón de euros. Veremos se pode máis a xustiza ou o poder.

En todo caso, non son os únicos asuntos xudiciais nos que anda Villar Mir. Un dos nomes da trama Gürtell, dos papeis de Bárcenas. Alquen sabe, quizais algún día saberemos canto e por que Villar Mir se converteu en benefactor da  fundación Manuel Fraga.

O presidente da Xunta fará un percorrido a pé desde o Parador de Vilalba ata a sede da Fundación Manuel Fraga Iribarne, acompañado dos membros do padroado

Inauguración da Fundación Manuel Fraga, Villar Mir á dereita.

No Parlamento a Xunta recoñeceu que a obras das tres novas minicentraias que se están facendo no Xallas danaron o medio, incumpriron ás autorizacións e afectaron a especies protexidas e en perigo de extinción. Mais as obras seguen adiante, neste emolumento a barbarie. A barbarie que certifica a morte do Xallas, que deixa de ser río para ser unha sucesión de encoros.  O Xallas xa non é noso, nin é río!

 

Podes ver o debate nos videos.