A discriminación dunha menor por falar en galego no centro hípico de Casas Novas, é un exemplo máis da discriminación do galego na Galiza. Un acto covarde, de abuso de poder que deixa en moi mal lugar as persoas que o cometeron. Un acto que viola toda a lexislación vixente en materia de dereitos das menores e de dereitos lingüísticos. un acto agravado pola connivencia da Xunta de Galiza que nin tan sequera chamou a menor para preocuparse polo caso. De fondo, a aceptación da discriminación para a lingua galega. Unha política ruín e que manten para o galego o lugar da humillación.

 

Para non variar, o PP mantén ergueita a bandeira da defensa da discriminación do castelán. Son tan retorcidos que non só negan os feitos, senón que no debate, queren darlle a volta á situación facendo acusacións falsarias e mentireiras. Mais nós seguiremos defendendo a lingua galega e o dereito a que ninguén, nunca máis, teña que sentir vergoña ou verse humillada por falar galego na Galiza.

 

Deixovos os enlaces dos videos e a iniciativa, que retrata ben de que lado está cada quen.